Dende hai varios anos os membros de COH3 levan utilizando a rede e o formato que ofrece a páxina web como a millor ferramenta para difundir os seus proxectos persoais detro do eido audiovisual. Espacios de libre acceso e que chegan a coller verdadeira autonomia na súa expansión, pois a información que conteñen ten chegado a lugares que nunca se pensaran no momento de desenrolo das webs.
As probas están aí, exemplos como o de www.nonresidentz.com, unha web que chegou ás 6.000 visitas no primeiro mes de existencia. Musica, video
e un medio para aqueles que quixeran achegarse ó grupo tanto con motivos
ludicos como profesionais.
www.idnespereira.com, unha web de fotografía con vida propia, en continua
evolución e renovación de material fotográfico, con bloques tematicos
nos que se chega a profundizar nos diferentes motivos tratados creando
un hibrido entre a sicoloxía do autor e do retratado.
www.malandromeda.com outra web dun grupo musical na que presentaron o
seu novidoso proxecto plantexado xa dende o seu inicio como algo exclusivo
para o formato escollido. 11 cancións con cadansua ilustración correspondente
e que só poderás encontrar na rede.
Tamén habería que lembrar www.boysforfun.net, un sitio web de deseño
vangardista e que garda os traballos mais experimentais de musica, video
e foto dos anónimos rapaces das coreanas.
Poderiamos dicir que estes son os exemplos máis notorios e que sen dubida
reflicten a predilección de COH3 pola rede utilizada como espacio de
difusión e publicidade